Non
se fala doutra cousa que non sexa do debate a cinco.
E eu,
coma deus, vendo unha película na televisión. (Por certo, a cadea
DMAX é a única que proxecta as películas desde o primeiro ata o
derradeiro fotograma.) Cando rematou a película creo que aínda
seguía o esperpento político, pero nin se me pasou pola cabeza
cambiar de canle. Simplemente apaguei a tele e marchei á cama. Por
min xa podían debater toda a noite e parte da madrugada, porque, un
servidor, nin caso! Xa poden dicir misa que eu... ateo. Ademais,
estaban, seica, os cinco partidos máis importantes de España; pero
de todos debería ser sabido que sempre vou do lado dos débiles, dos
perdedores, dos oprimidos. O que significa que eses cinco, a min, non
me representan. Nin me convenceron nin me convencen nin me
convencerán.
O debate. Imaxino
que se botarían en cara certos asuntos, que prometerían outros que
co tempo quedarán en borralla e que se insultarían incluso un
chisco porque, ó inimigo, xa
se sabe,
nin auga! Mentres tanto, un servidor, gozando coma un anano coas
cenorias
de Clive Owen, coa infinidade de tiros nun pobre guión
cinematográfico pero con acción espectacular, cunha sobreactuación
de Paul Giamatti; pero, iso si, babexando, baballando
de gusto ante a fermosura e a sexualidade que desprende a sempre
espectacular Monica Bellucci.
Esta
si que se merece un debate: político, social, platónico... e, por
suposto, físico.
A
Cervexaría de Maceda. Martes, 5 de novembro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario