martes, 19 de noviembre de 2019

PAUS A ESGALLA PARA A CULTURA

É media mañá na vila de Baños de Molgas. O ceo está gris. Ás veces quere chover. Por veces quere nevar. E de mañanciña había unha boa xeada. Ou sexa, para dar e tomar. Tamén semella que dá paus a biblioteca do Campus Universitario. Entendo que ó estar colapsada intente buscar medidas para evitar ese colapso; pero nunca, nunca, nunca prohibirlle a entrada ós menores de 18 anos. A cultura nunca se lle debería vetar a ninguén! A ninguén! Sexa estudante, non sexa estudante. Unha biblioteca debería estar para o uso de calquera, aínda que sexa doutro concello, doutra provincia, doutro país. O Campus, o concello, a Xunta, o Estado deberían crear máis bibliotecas e ampliar os horarios, abrir en festivos incluso, destinar máis presuposto e deixarse de tantos gastos superfluos na maioría das accións ou eventos que adoitan realizar os políticos.
Non sei... vénseme á cabeza, agora mesmo, eses soldos vitalicios, eses salarios nas corporación municipais onde agora cobra can e gato, esas axudas de custo estratosféricas por asistir, ás veces, a actos esperpénticos e incluso, algúns, inexistentes. Despois botamos as mans á cabeza cando nas enquisas asoma a pouca porcentaxe de lectura no noso país. Normal. Á cultura sempre se lle puxeron atrancos... por censura, por economía, por deixamento, etc. Temos de exemplo ó propio concello ourensán, que lle dá paus a esgalla, que está a poñela aínda máis gris que a este ceo que cobre á esta miña Venecia ourensá. Máis bibliotecas, por favor.

A Cervexaría de Maceda. Martes, 19 de novembro de 2019

No hay comentarios:

Publicar un comentario