Queda
hora e media xusta para que chegue a unha e dez da madrugada.
A
esta hora hai intención de ver unha película. Porque é sábado e
mañá non se madruga. Porque me apetece ver unha película. Procuro
ver algunha película todas as noites. Certo que os días de fútbol
e se é en xornada laboral, ó mellor non vexo ningunha. Non
obstante, esa falta cinematográfica intento compensala cos domingos
pola noite, onde adoito ver dúas. Nesta hora e media que me queda
intentarei matar o tempo co de sempre, ou sexa, música a darlle cun
sacho ou a esgalla e moito fochicar co ordenador. Podo escoitar a
Buddy Holly e buscar pola Internet “que cheiran as formigas cando
cheiran?”. Podo sacar a cabeza pola fiestra e soprarlle ó vento,
por se este non leva a forza suficiente.
Agora, por exemplo, escoito os Beatles e o tema que escoito, súboo ó momento ó feisbuq. Cando remate o relato aínda quedará moito tempo para a unha e dez da madrugada. Intentarei arquivar no ordenador “cousas” que escribín na miña etapa madrileña; algo así como un cento de libros ou máis, entendendo por cada libro uns 200 folios a máquina. Era unha máquina de escribir. Son unha máquina de escribir... “cousas”. Cousas que ás veces non din nada, por veces non teñen sentido, pero sempre quedarán aí por se a alguén se lle dá buscarlle o seu aquel. Uff, escoitar a Barbra Streisand é algo así como unha ascensión ó ceo musical. Xa só queda unha hora e dez minutos para a película. Seguirei matando o tempo.

Finca
Fierro. Sábado, 23 de novembro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario