É
verdade que os pés os teño algo mollados, e a cazadora moito máis.
Pero valeu a pena.
No
maleteiro do coche está a resgardo unha cesta de cogomelos, de
boletos. Ricos eles. Noviños, que así están máis sans.
Espero que non teñan bichos, pois como teñan algún, a miña muller
axiña os mira e remira e practicamente non aproveita nada.
“Pero muller, todo o que non mata engorda”, dígolle en broma,
pero cun fondo algo certo. A ver, algún bichiño, ó fritilo,
xa nin é bicho nin é nada. Ou como lle digo a ela: non comen acaso
de todo os do programa ese “Aventura en pelotas”. Pois entón!
Nunca fun moi escrupuloso. Tamén é verdade que o asunto
é non ver ese
“ingrediente”. Ollos que non ven, estómago que non se revolve.
Creo que non son
escrupuloso porque de rapaz non podía selo. De rapaz comía o pan
con algo de balor
e o caldo, ás veces, acedo. O do pan case era normal. Lembro que
cociamos oito pans para
oito días (quen enfornaba todos os días tal como estaba o asunto da
leña?; non a habíaa), polo que hai que imaxinar como estaría o
oitavo pan: coma un penedo ás veces (de aí que en algunha ocasión
cheguei a mollalo en auga para poder meterlle
o dente) ou con mofo.
E sobre o caldo, se por un casual se derramaba (xeralmente pola
calor) non ías tirar unha pota case enteira. Porque o
caldo facíase
en potas grandes para que durase días. Facelo leva o seu tempo, case
ou sen case unha mañá enteira,
e naquelas épocas o tempo si era ouro.
A
Cervexaría de Maceda. Xoves, 7 de novembro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario