Nove
en punto da noite. Un móbil cargando a súa batería. Un ordenador
aberto e funcionando sobre unha mesa de madeira. Cambio de tema
musical. Agora toca un de Queen.
O
tempo pasa nesta noite dominical
e as nubes non deixan ver as estrelas. Quero marchar para o planeta
Marte pero ninguén me quere alugar unha nave espacial. Terei que
aprender a voar. Preciso ás para voar. Ó mellor chégame con
soñar.
Nirvana polos auriculares. Nove e dez da noite. Fóra vai frío. Na
casa, a calefacción funciona. Tres dicionarios sobre a mesa. Por
veces hai que botar man deles. Un ten a intelixencia dun toxo verde.
E menos mal. Krahe e Sabina queren pisar o acelerador. Con sentidiño,
por deus, con sentidiño. Que despois pasa o que pasa.
Pasa o tempo e nada se detén. Nin tan sequera a canción. Nin tan sequera os latexos do corazón. Nin tan sequera as ondas do mar que veñen e van. Agora que cada quen pense na estrela que quere visitar. A min, xa dixen, chégame con ir a Marte. Pero non teño nave espacial. Terei que soñar. Listados de temas musicais espallados pola mesa e un bolígrafo vermello marcando o que teña que marcar. Nove e dezanove minutos da noite. Desta noite nas que oulean os lobos e se envorcallan os xabarís. Tan só o silencio da noite será silencio nese sentimento que emerxe, que flota nun entresoño eterno. Non sempre é fácil conciliar o soño. Nin tan sequera baixo a estrela errante de Lee Marvin. O cursor do rato do ordenador deixa de pestanexar ás nove e vinte e catro da noite.

Finca
Fierro. Domingo, 17 de novembro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario