Falar
neste Recuncho sobre o máis destacable da semana pasada é xa unha
parvada. Porque a semana pasada transcorreu entre mitins,
debates e noticias sobre a campaña electoral. E a día de hoxe todo
iso que se falou, que se prometeu, que se esparexeu polos distintos
medios de comunicación xa é auga pasada.
Non obstante, o peor de todo é que ó
mellor seguimos como estabamos (non o sei porque isto escribino o
sábado pola noite), é dicir, que intúo que haberá que seguir
pactando. Que pacten axiña, por favor!
Outras votacións non. A política, á parte de que cansa, aburre.
Non
aburre a da capital ourensá. Aquí temos
un figura que vai saber o Abel Caballero o que é
bo. Este moito barullo coas luces do Nadal,
pero o de Ourense vaino deixar pampo co rañaceos que ten intención
de construír na Finca da Deputación. As luces de Nadal de Vigo
poida que se vexan en Nova York, pero o rañaceos de Ourense, en
altura, vai chegar ata a mesma lúa. As
redes sociais énchense de comentarios con mofa, de montaxes
esperpénticas coas figuras do Jácome e o rañaceos, pero, a ver!,
sempre nos queixamos de que Ourense está metida nun buraco, de que
entre isto e a néboa non se consegue ver ben a
cidade; pois agora ímola ver de carallo.
Perdón, imos ver só o rañaceos, pero algo é algo. Din que uns 300
metros de rañaceos. Iso son moitos metros
xuntos. Algúns seguro que pensan que poden
alcanzar a Deus, que Deus lles estará moito máis cerca. Os de Baños
de Molgas xa estamos un pouco cohibidos ante os 30 metros da torre da
igrexa, como para sumarlle 29 torres máis. Ai meu Deus, non me
alcanzará a ollada para ver os áticos, e
moito menos as parabólicas.
Moito rañaceos na
Finca da Deputación e as rúas dos barrios dos
arrabaldes cheas de fochancas ou co mesmo
perfil de cando andaban
os carros das vacas. Se te metes co coche a uns 400 ou 500 metros do
centro-centro da capital notas que xa estás noutro mundo e
que as rúas volven ser carreiras.
Emporiso, a
recompensa a ese abandono
chégalle en forma de luces de cores e xeométricas, pois este ano o
alumeado do Nadal seica alcanzará a todos os barrios... para que se
vexan ben as fochas.
Finca
Fierro. Sábado, 9 de novembro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario