No
franquismo proxectaban fútbol e veladas de boxeo a darlle cun sacho
para que o paisano de a pé non matase a cabeza con outros asuntos.
Agora, na presunta democracia, cando
algunha noticia empeza a facer algo de dano, axiña asoma outra para
despistarnos, para que desviemos a atención e miremos para outro
lugar. Agora, na presunta democracia, tamén adoitan alporizarse a
base de insultos, promesas, truques e retruques porque tal caso
non é así porque debería ser doutra maneira.
Na época da corrupción e as caixas B (o de época é un dicir), a oposición falaba e esbardallaba ó grande. Hoxe, cos ERE, a oposición berra e esgórxase a máis non poder. Pero tanto nunha ocasión coma na outra, e mentres os políticos fan que se pelexan ou que traballan, o paisano de a pé pago o pato, carga co pandote. Como está cargando co dos Bancos e como cargará todo a vida coa incompetencia dunha xustiza á que non lle interesou nin nunca lle interesará nivelar a balanza. Aquí, no noso país, o esencial e ir tirando para adiante. Se hai un atranco chamamos a un xuíz ou a un político para, finalmente, rematar arrodeándoo. As caixas B seguen espalladas polo mundo, os 860 millóns dos ERE encheron as arcas duns poucos e os miles de millóns dos Bancos repuxémolos todos. Como debe ser! Mentres, a xustiza dedícase a resolver un furto de pouquiña cousa ou a valorar a disposición, o acomodo dun lazo amarelo. Así de sinxelo.

Tamén
nós deberiamos
valorar o de que o Nadal empece no mes de
novembro. Xa en por si é unha incongruencia. Con isto das famosas
luces de Vigo, o tema
creo que se está descontrolando un pouco. Cada vez se adianta máis
o inicio das festas para que a xente consuma. Entón, pregunto, que
diferencia hai entre, por exemplo, as casas de apostas e as
iluminacións do Nadal. Tanto unhas coma as
outras están
para tentar a que o paisano de a pé consuma o que ganou co suor da
súa fronte. Por que se intenta, entón,
prohibir a publicidade das casa de apostas e, pola contra, por que se
anima a darlle publicidade ós alumeamentos
das cidades e concellos. Todo nesta vida
está deseñado para que consumamos. E a ninguén lle importa que nos
fundamos na miseria. Sexa baixo a lapa do vicio ou
o fulgor dunha festa.
Finca
Fierro. Sábado,23 de novembro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario