As
case dúas horas que pasaría na Farixa esperando a Alán non estaban
para a lectura: fóra do coche, chovía; e dentro do coche, quedaría
medio conxelado. Así é que optei por dar un paseo ata o centro de
Ourense. Antes, parei nunha cafetaría a ler este xornal e
a tomar o correspondente café.
Na rúa do Paseo atopeime co de sempre: case máis coches que peóns
(por
certo, os coches non ocupan tanto ou máis cós manteiros?,
onde están as protestas dos comerciantes?)
Cando peguei a volta, á
altura do parque de San Lázaro,
e sobrándome moito tempo, acheguei ata
a
praza Bispo Cesáreo para contemplar os 18.000 euros (en números).
Dezaoito mil euros (en letras) que o concello empregou nun belén
raquítico, estraño, raro, insulso,
anómalo
e demais adxectivos relacionados
coa estupidez ou
asneira
inventiva.
Quince figuras entre animais e persoas (Santas e non Santas), unha mesa, dúas cadeiras, cinco obxectos diversos, media ducia de cercas de madeira e uns quince metros de corda. Todo iso polo módico prezo de 18.000 euros. Unha ganga, unha bicoca e xa está o belén armado. Nin nos chinos ou nas feiras haberá un belén tan parco ou estrafalario. Claro que, nestes, ó mellor, o prezo vai moito máis alá dos dezaoito mil euros. Porque 18.000 euros dan para moito. Por iso non souben apreciar (entoo o mea culpa) o material co que están feitas as figuras. Debería ser bo. Por ese prezo xa ten que ser bo. Bañarían o ouro para disimular e para que ninguén arrample coas imaxes.

Finca
Fierro. Venres, 20 de decembro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario