lunes, 16 de diciembre de 2019

PORQUE NON DEIXA DE CHOVER

Chove. Chove porque chove e porque non deixa de chover. Tamén debería chover sobre a conciencia dunha muller que xogou á lotaría nun grupo e non compartiu un millón de euros do premio. Debería ter conciencia, pero polo que se ve non a ten. Como tampouco a ten o Tribunal Supremo que semella que lle deu a razón. Non entendo nada. Á muller aínda menos, por suposto. Ó pertencer a un grupo dáse por sabido que se comparte todo. Todo o relacionado co asunto polo que se formou ese grupo, claro está. E non é necesario que se fagan contratos nin que se asinen os mesmos. Neses casos debería servir simplemente a palabra. A palabra, señora, a palabra. A palabra que se dá é sagrada. Antigamente chocábase a man, e punto e final. Valía máis ese xesto que todos os documentos notariais que se poidan imaxinar.
Chove porque chove e porque non deixa de chover. Tamén chove na cabeza dos tres ex xogadores do Arandina Club de Fútbol, na provincia de Burgos, que lles parecen excesivos os 38 anos ós que foron condenados pola violación dunha menor. Un deles queixábase nunhas declaración radiofónicas de que non matara a ninguén, como para merecer esa condena. A ver, rapaz, non fai falta matar a ninguén para ser igualmente un becho noxento. Moitas veces hai máis violencia nun simple xesto ou nunha soa ollada que nunha tunda de paus. Que violastes a unha menor, rapaces, a unha menor! Deberíasevos anegar, asolagar esa alma negra que tedes!

A Cervexaría de Maceda. Luns, 16 de decembro de 2019

No hay comentarios:

Publicar un comentario