Ás
nove menos cuarto da noite e baixo a banda sonora desa obra mestra
chamada “Taxi Driver”, do gran Scorsese, teño que confesar que
hoxe é un día de loito para o cine español.
Primeiro
decateime do director de cine, produtor, guionista e director de
fotografía Javier Aguirre, que finou ós 84 anos nun hospital
madrileño, logo dunha longa enfermidade. Dáse a coincidencia que no
pasado outubro concedéranlle a Medalla de Ouro da Academia das Artes
e as Ciencias Cinematográficas, xunto á súa dona, que non é outra
que Esperanza Roy. Nacera en San Sebastián e ós 15 anos escribiu a
súa primeira crítica cinematográfica. Entre os seus máis de 80
filmes figuran “Unha vez ó ano ser hippy non fai dano”, “Perna
crecente, faldra minguante” e
“Esposa de día, amante de noite”, entre outras. Traballou cos
Bravos, con Raphael e con María Jesús e o seu acordeón...
Non tardei en
saber da morte, ós 86 anos, do actor de dobraxe Claudio Rodríguez
que, para o gran público, é mellor dicir que era a voz de Burt
Lancaster, Charlton Heston, John Wayne e Anthony Quinn. Dobrou a
Willy Fogg da serie de debuxos dos oitenta e a Albus Dumbledore, da
saga de Harry Potter. Zamorano de nacemento, chegou a acumular máis
de dúas mil dobraxes.
E, por último, o
actor
Manuel Tejada, de Xaén, que morreu ós 79 anos. Máis actor teatral
que de cine, pero famoso polas series de TV “Verán azul” e,
principalmente, “Canas e barro”. Descansen
en paz.
Finca
Fierro. Mércores, 4 de decembro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario