Dun
tempo para acá queremos meternos en todo, queremos ser mestres dunha
sociedade que sempre vai ó seu aire e queremos poñer o granciño de
area precisamente nestas datas que semellan especiais para a maioría.
Mesmo
nos atrevemos a aconsellar os temas de conversación que temos que
evitar nestas reunións familiares do Nadal. Aconsellan que non
falemos de política nin de deportes. De que falamos entón no noso
país? Das herdanzas? A ver quen é o chulo que move o marco dunha
leira na nosa Comunidade. Pola política e o deporte berramos,
discutimos, insultamos... pero polo marco ata matamos. Tamén
podemos falar das relacións familiares. Todas as conversas sobre
este asunto adoitan empezar sempre de broma. A broma axiña sobe de
ton e, pouco a pouco, ponse da cor da bile ata que mesmo chega o
momento en que rebenta.
Cantas
máis persoas integren unha xuntanza, máis posibilidades
hai de que todo se vaia ó garete, á deriva. Porque a todos nos
gusta opinar e sempre queremos que os
nosos criterios
leven ou teñan razón. É complicado, moi complicado buscar un tema
de conversación para estas datas. Ata
creo que
habería discrepancias co belén do Jácome, que xa é dicir. Algún
ata o defendería como se defende el, é dicir, achacando que, polo
menos, aínda que sexa mal, se fala de Ourense. Non obstante, é moi
triste que queiras acaparar visitantes ou turismo por algo negativo.
O primeiro ano, si, a novidade, pero ó seguinte... Así
é que, mellor
será comer e calar.
Finca
Fierro. Mércores, 25 de decembro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario