miércoles, 11 de diciembre de 2019

DE SANTIÑOS POLA VIDA

Moitas veces botamos a lingua a pacer porque non sabemos facer outra cousa ou porque simplemente queremos chamar a atención. Hai uns días, algúns empezaron a criticar a Javier Bardem pola súa asistencia ó Cume do Clima que se está a desenvolver en Madrid. Que quen era el para estar aí. Que fixera, que conseguira, que méritos tiña para tal presenza. Que carallo pintaba Javier Bardem no Cume do Clima.
Hoxe, eses mesmos algúns lanzaron ou exclamaron unha chea de repeticións de “Oh my God”, “Oh my God” admirativo ante a concorrencia do tamén actor Harrison Ford nese mesmo evento. Ante isto, que se pode dicir? Que eses algúns son parvos de remate? Que eses algúns levan á súa máxima expresión o pecado nacional, o da envexa? Sempre fomos un país de retorcidos, de envexosos.
Por certo, con respecto ó de que conseguira Bardem para a súa
asistencia a esa xuntanza climática; pois en principio un Oscar que Harrison Ford non ten, por moito que sexa un gran actor (que o é) ou por moitas máis películas que rodara (se é que leva máis que Bardem, que non me paro a investigalo). E ollo ó dato, o de acadar ou non acadar Oscars non ten nada que ver co do Cume, pero xa que eses algúns queren usar os méritos... aí queda iso. Non é a primeira vez que defendo ós Bardem, porque me amola moito a forma en que os atacan: simplemente por non comungar coas opinións de certos persoeiros que van de santiños pola vida. Aínda mellor: por ser “roxos”. Sempre os tacharon de “roxos”.

A Cervexaría de Maceda. Mércores, 11 de decembro de 2019

No hay comentarios:

Publicar un comentario