Collo
o tren con destino ó conto de nunca acabar, aquel no que a néboa
non deixa ver máis alá dun simple soño.
Non
se detén en ningunha estación, nin tan sequera na que abrolla unha
poesía chea de sentimentos.
Asento
no segundo vagón e escoito o troupeleo das rodas para
afirmar
que o tren me leva polos raís da vida en suspensión. Máis adiante
non sei que atoparei. Quero pensar que me
encontrarei
cunha
ilusión que está moito máis alá dun desexo ou cun
asubío que me marque o ritmo dunha nostalxia. Quizais
dea de fociños co verso que perdín naquela adolescencia; de cando
soñar era bonito. O
tren segue vía adiante para penetrar nun túnel escuro e con medo de
chocar contra unha parede de cristal na que se reflicte a alma
morriñenta dun consolo. Eu, eu mesmo teño medo de que no meu
reflexo non saiba quen son. Ás
veces é moi difícil saber se estou flotando ou se teño os pés
sobre a terra. Aínda que mellor é flotar que afundir. Tan só se
afunden aquelas esperanzas nas que non se cre. Menos mal que eu... eu
nunca perderei a esperanza. O
tren empeza a frear no último capítulo do conto de nunca acabar,
para deterse definitivamente na estación de Baños de Molgas, ese
lugar no que máis de media vida se deita sobre as liñas escritas
dunha novela que aínda non chegou á súa fin. Baixo do tren e
espero a que alguén lle dea orde de partir. O asubío do convoi
conmóveme o corazón e unha bágoa de pesadume quere asomar nesta
noite pecha. Pero trago fel e deixo que o tren siga o seu destino.
Finca
Fierro. Luns, 9 de decembro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario