Pois
si. Queren arrefriar
os pés pero non os deixo.
Bótome
a correr ata que se encete
un calcañar, ou
ata que me
encolla coa dor dunha
deda do pé dereito, que ten algo así como unha corcova,
unha chepa,
ou sexa, que está dobrado, quizais
roto.
Quedou nesa postura desde que, de rapaz, e mentres xogabamos ó
fútbol nas canchas de tenis dos Campos, en vez de lle arrear ó
balón lle zoupei a unha columna, a un poste de granito duns dous ou
tres metros de altura, dos que suxeitan o
aramado,
a tea metálica que cerca a pista de tenis. Nese momento vin as
estrelas, claro. Logo, para máis aquel, e a maiores da dor, foi a
carallada, a mofa
que se pegaron os amigos. Tamén a quen se lle ocorre non atinar cun
balón de fútbol! Se
aínda fora unha pelota de tenis. Ou un bote de latón. Porque co
bote de latón tamén xogabamos ó fútbol. A ver!, non sempre se
tiña un balón de fútbol. Un balón de coiro, claro. Porque,
antigamente, ós balóns non se lles chamaba balóns de fútbol,
senón de coiro. E para as nosas posibilidades económicas eran
caros. Que digo!, estaban imposibles, prohibitivos! Se había algún
era dun
fillo de “señoritos”
ou
fillo de emigrantes;
e o
balón tiña
que durar a tira e máis. De aí que moitos balóns de
coiro
estivesen cosidos e recosidos. Así é que cando non había (por
falta de balón ou por non comparecer o dono do balón), non quedaba
outra que esmagar ou
estrullar
un bote de latón e, ale, dálle que dálle!
Pois si. Xa non teño os pés fríos porque corrín. E para vencer a
dor, lembrei tempos aqueles.
A
Cervexaría de Maceda. Luns, 2 de decembro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario