Atravesaba
o Pancracio
bancos de néboa a
70 km/h.
e o Celta perdía en Leganés. Non levanta cabeza. Miro o reloxo e
son as nove e cuarto da noite.
Wayne
Shorter fai que o seu saxo deixe música celestial nos meus oídos.
Libros e dicionarios sobre a mesa. Un bolígrafo sobre
a mesa. Dous dedos que golpean as teclas. Quero escoitar o ruído do
mar, pero estou nunha cidade de interior. Maldita sexa! Coa gozada
que é escoitar o ruído do mar. Miro para fóra e vexo a noite
pecha. É noite pecha. O móbil está no chan cargándose. Coa man
esquerda refrego os ollos e deixo que sexa o pensamento o que vexa
sen mirar algúns soños que, co tempo, sei que nunca serán
realidade. Por moi bonito que sexa soñar, ás veces, tales soños
quedan en auga de bacallau.
Cambio de música e escoito agora o tema “Brenda, Brenda” que asoma na película “Bagdad Café”, unha dos filmes máis bonitos que vin na miña vida. E vin xa uns cantos. Volvo mirar o reloxo e tan só avanzou dez minutos. Xa se sabe que, por veces, o tempo corre á présa e, ás veces, rende que nin o demo. O bolígrafo que teño sobre a mesa é de cor vermella; para puntear, para tachar, para anotar, para apuntar. Que dirán algúns se digo que o verme luceiro que vin no atallo ergueu sobre dous caxatos de carballo e ante os meus ollos bailou un fandango? Ou, ó momento, bailou ó ritmo que Arco da Vella marcaba co seu tema “Canción de berce”? Non digades nada, porque fun eu o que lle dixen que apartase se non quería que...

Finca
Fierro. Domingo, 8 de decembro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario