Sei
ben que ó fútbol o catalogan coma o deporte das masas en plan
despectivo. Quizais por isto é polo que o
defenderei sempre. A
maiores de que, no fútbol e en calquera
deporte, tamén hai emoción; e non só polo xogo, por ganar ou
perder, senón tamén polos actos. Gústame
o novo formato da Copa do Rei. Lin nun xornal de tirada nacional unha
frase que me gustou: “Achegar oportunidades á versión non
profesional do fútbol, repartir máis diñeiro entre modestos e
alumarlles sequera por uns días”. Iso é a nova Copa do Rei.
Xogando equipiños na súa casa contra estrelas intocables. O de “na
súa casa” é un dicir, xa que moitos tiveron que pedir prestados
campos de fútbol porque os seus non estaban aptos para este torneo.
Aínda que, e digo eu, e por que non? Por que para as súas ligas
valen e para a Copa non, se é o mesmo xogo. Terán
medo que unha estrela bata
contra un cerrado.
Se bate un
modesto, que máis dá.
Pero non quero cortar ramallos da árbore caída. Quero falar da emoción deste novo formato. Imaxino que a noite antes do encontro, algúns xogadores “pobres” nin tan sequera durmirían ben; seguro que alumearían soños, porque soñar é bonito e soñar esperto aínda o é máis. Soñarían cun posible triunfo ou, aínda que fose cunha derrota, soñarían cun gol. Cun gol ó equipo poderoso! Hoxe, por exemplo, os de Xaén (un terceira) viron cumprido ese soño ó eliminar ó Alavés, que, certo, nun é un poderoso, pero é un primeira. Este fútbol modesto ten a súa emoción porque saen á luz datos que deixan a un coa boca aberta, como saber que moitos tan só cobran 100 euros ó mes, ou que outros tantos teñen que pedir permisos nos traballos para poder disputar o encontro. Cen euros ó mes; ata un xogador do equipiño máis modesto de primeira división os gana no tempo en que lle leva deixar escapar un esbirro. Con este novo formato ata teñen emoción actos dos equipos poderosos: a Real Sociedade invitou a toda a poboación de Becerril de Campos (754 habitantes) a presenciar, con todos os gastos pagados, un partido en San Sebastián. E non o fixeron por compaixón (a Real meteulle 0-8 ó Becerril), xa que tal invitación realizouse antes do propio partido. Ante isto, é normal que sintamos emoción; porque os pequenos temos dereito a soñar e os grandes saben que un día foron pequenos. Bo Nadal a todos.

Finca
Fierro. Sábado, 21 de decembro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario