O
novo formato da Copa do Rei de fútbol está a ser defendible pola
maioría dos afeccionados e, por suposto, polos equipos máis
modestos. Estes
nunca tiveron tantas opcións de facer grandes xestas como este ano.
Antes, o modesto, podía dar a gran sorpresa no seu estadio
ganándolle quizais
a todo un campión, a todo un gran club, pero no partido de volta, a
calidade e o poder adquisitivo puña a cada un no seu sitio. Si, é
certo, houbo excepcións. Pero as de este ano aumentaron e xa desde a
primeira eliminatoria. Ó ser a
partido único, pois iso... non había segundas
oportunidades. Eu
encantado da vida! Só que sexa por unha vez, os pequenos teñen
dereito a soñar. Claro que a algúns, este ano, nin lles deixaron
esta opción. E non o digo porque perderan os partidos, senón polo
famoso VAR. Aquí é onde o novo formato coxea dunha maneira
escandalosa. Non se pode iniciar unha competición na que certos
medios non se empreguen
durante toda a súa duración. Señor Rubiales, non se pode facer uso
do VAR tan só a partir dos oitavos de final! E os que se viron
prexudicados
antes? Porque os houbo, señor Rubiales. Que
llo pregunten ó Elxe por quedar eliminado
na quenda, na rolda
de penaltis, onde o porteiro do Bilbao, se se descoida, co seu
adiantamento en tres deles, aparece á
beira, á altura do lanzador..
E xa que estamos,
sigo criticando o detalle de que os clubs modestos teñan que buscar
outros campos para poder enfrontarse ós todopoderosos. Imaxino
que será porque igual as “estrelas” se poden mancar ó
chocar cunha
valla ou porque poden bolear por unha
barronca abaixo ou porque torcen un nocello
nun buraco do campo. Que lles pase isto todos os domingos ós
“obreiros” da Segunda B é o de menos. Por Deus bendito, como
poden arrastrarse por eses campos os Mesis, Benzemás e demais! A
este respecto, ata o propio Zinedine Zidane puxo un pouco de cordura
(todo un cabaleiro, e son antimadridista) ó confesar que todos os
xogadores pasaron por esas, por xogar en campos de bulleiro ou
incluso con algúns cañotos de toxos ou
con pedras asomando aquí e acolá.
Quería falar da
borrasca Gloria, pero a borrasca da Copa,
dos modestos aínda arrasa máis. Non
obstante, o meu recordo para esas vítimas.
Finca
Fierro. Sábado, 25 de xaneiro de 2020
No hay comentarios:
Publicar un comentario