Quero
ser africano para que un raio de sol me abrase a quimera pola que
estou navegando.
Quero
navegar por entre as enredadeiras dunha historia que, quizais, algún
día
contarei. Contarei que todo vai do principio ata o final, atallando
nas curvas e sen ningún descanso para reflexionar. Reflexionar para
situarte no pasado é coma retroceder cos ollos pechos, que ás veces
é bonito e por veces é amargo. Como amarga é a soidade dunha
canfurnada, ou o entretollo dunha acción. Quero ser eu para que non
sexa outro por min. Quero ser o silencio dentro da algueirada e o
bruído deitado
no
sosego. Eu
son único, inxente e impoluto,
ou sexa, sen mácula. Quero furgar por entre as matogueiras da
apetencia e acubillarme entre o mofo dunha carballeira.
Xa sei que quero ser moitas cousas, pero será o tempo o que me apouvigue sobre o leito da verdade, o que me deixe caer sobre a liña que escribín sen querer. Ou sen pensar. Hai liñas escritas que rachan os muros da ignorancia; ou que esgazan os valados do raciocinio. É complicado ver de onde saen os tiros. Porque sempre hai alguén que quere disparar. Aínda que só sexa con palabras de auga. Quero ser o home que vai e vén por entre os recunchos dunha concordia ou dunha harmonía para que o silencio se deite sobre a paz dun conto, de todo un conto. Eu son o específico, o inigualable que asegura que todo é verdade. Ata a propia mentira. Que xa é dicir. Claro que para iso o digo eu. O eterno. O mestre da conciencia. Da miña, por suposto.

Finca
Fierro. Mércores, 15 de xaneiro de 2020
No hay comentarios:
Publicar un comentario