Acabouse
o que se daba. Ás catro e vinte da tarde do día de Reis ou da
Epifanía do Señor dou por rematadas as celebracións de Nadal.
Certo que a min moito non me afectaron. Ou si. Durante este tempo non
tiven que madrugar para coller camiño de Maceda. Durante este tempo
o corpo, principalmente o estómago percorreu o viacrucis
das lupandas,
larpeiradas
ou das ceas opíparas.
E iso
que son dos que me controlo un pouco a causa do
despoxo, do fargallo
de estómago que teño. Pero aínda así, o exceso faise dono e señor
dunha mesa sobrecargada de produtos
gastronómicos.
Pero
por todo o demais, para un servidor, son unhas festas que nin lle van
nin lle vén. Quen o diría!, cando, a causa delas, escribín
xa varios relatos
ou críticas; que se a esaxeración das luces das cidades, que se a
cruz do belén de Ourense, que se a cara do de Allariz; que se os
Reis Magos cos seus agasallos. Son
festas que cansan, que chegan a aburrir. Polo súa duración, polo
seu barullo,
pola súa barafunda,
pola aglomeración nas rúas, nos centros comerciais e por esas
farturas gastronómicas
citadas. Procuro non analizar xa as xuntanzas familiares; que nestas
datas semella que deberían ser de concordia, entrañables, pero que,
ás veces (penso que poucas), vólvense incómodas, medio
tormentosas, coa sensación de pisar sobre areas movedizas. Na
cuestión económica, non me estraña que lle teñamos medo á costa
de xaneiro; a ver quen a sobe sen unha cadela no peto. Porque todo se
dilapidou
no decembro.
Finca
Fierro. Luns, 6 de xaneiro de 2020
No hay comentarios:
Publicar un comentario