Todo
é unha quimera. Desde observar como un paspán bota fume polo seu
nariz ata querer asentar nun satélite artificial para contemplar o
universo. Todo
é unha ilusión. Desde pensar que os Reis Magos che van resolver a
papeleta da felicidade ata botarte desde o campanario da igrexa de
Baños de Molgas, a case 30 metros de altura, pensando que vas
aterrar de pé, con parsimonia e en plan de Supermán. Todo é unha
utopía. Desde calcular que a distancia que vai de aquí ata Marte é
a mesma que cando
volvas
(se volves)
ata absorber todos os devezos que sentes por alguén, incluso pola
túa propia sombra.
Todo é un esperpento. Querer opinar do que non sabemos e, ás veces, querer demostrar o que xa coñecemos. Como lle explicas a alguén que o río Arnoia é o mesmo que pasa por Baños de Molgas e por Allariz. Como vai, como chega dun lugar ó outro. Polo río abaixo vai unha troita de pé... Hai que preguntarlle á troita. Todo é absurdo. Desde crer que vinte elefantes non romperán a tea de araña ata imaxinar que eu, precisamente eu, chegarei algún día ó planeta do meu amigo alieníxena. Será imposible; o seu planeta está a anos luz. Imaxino que non vivirei tanto. Todo é unha carallada. Desde querer comungar con rodas de muíño ata pensar que podes facer a seitura no mes de xaneiro. Case é mellor deixar que o tempo pase, a vida siga e que a felicidade sexa a nosa sombra... se vai sol. Se non hai sol, sentaremos ó pé dun formigueiro e botarémoslle terra ó asunto. A este asunto.

Finca
Fierro. Domingo, 5 de xaneiro de 2020
No hay comentarios:
Publicar un comentario