Sigo
dicindo que o fútbol é o mellor estudo ou análise sobre a
personalidade humana.
Nun
partido de fútbol notas e ves ó momento como ese demo que levamos
dentro asoma pola nosas bocas e polos ollos. No
fútbol, tamén, como non, axiña descubrimos a hipocrisía da xente.
Non hai moito, a maioría dos afeccionados españois acusaron a
Guardiola e a Xavi de ser algo así como dous individuos que se
vendían ó petrodólar e que vivían nun
país no que os dereitos humanos brillan pola súa ausencia. Dicir
que puxeron o grito no ceo é pouco dicir. Non obstante, levo uns
días que noto que esa maioría non pon patas arriba as redes sociais
nin os artigos de opinión sobre
Arabia
Saudí (u-los dereitos humanos?), lugar de celebración
da Supercopa de España, na que participan os catro grandes equipos
do
noso país.
Seguro
que para eses “afeccionados tan listos”,
a Federación, o Real Madrid, o Barcelona, o Atlético de Madrid e o
Valencia fan ben en querer encher as arcas cos petrodólares dos
xeques. No caso dos dous xogadores cataláns, pois que vai ser: que
son uns renegados. Tamén
é verdade que, no caso de encher as arcas, énchenas os dous
grandes; que cobran 8 millóns de euros, mentres o Atlético vai que
chuta con catro e o Valencia... o pobre Valencia non me estraña que
“pasara” olimpicamente de facerlle fronte ó Real Madrid o outro
día. Total, para tres millóns que vai cobrar. Para
min
ese día fixo folga, non de brazos caídos, senón de pernas
folgazanas. E
fixo ben. Este
deporte está podre.
Finca
Fierro. Xoves, 9 de xaneiro de 2020
No hay comentarios:
Publicar un comentario