A
política no noso país empezou a andar. Con polémica, pero empezou.
A política do noso país é coma aquel
pote da calda que se cocía para acomodar ós
renchos, ós
porcos. Entre uns que lle atizan e outros
que o remexen, o pote ferve que ferve, e a
calda, os ingredientes, ou sexa, nós, saímos escaldados. Coma
sempre. Porque sempre seremos nós, a
caldada, os que caiamos na pía ou no barcal dos seus cortellos.
Sempre seremos nós os que alimentemos a non sei cantas
vicepresidencias e unha morea de ministros.
Sigo collendo ó
pote como guía para completar este
Recuncho. Segundo no pote se mesturan
verzas, patacas, nabos, remolachas e demais, mesturarei aquí
algunhas novas que, máis o menos, me chamaron a atención durante a
semana que pasou. E sen saír da política direi que o Consello do
Poder Xudicial pídelle a Pablo Iglesias “moderación e mesura”
nas súas críticas. E prudencia, claro. Está a xustiza no noso país
como para pedirlle, principalmente, mesura. Con quen ten mesura ela?
Se practicamente non hai un acto seu que non sexa criticable. A
xustiza no noso país sempre se puxo do lado de quen se puxo, que non
é precisamente do homiño normal e corrente.
Menos mal que
aínda nos vai quedando a xustiza da OCU (Organización de
Consumidores e Usuarios), que acaba de denunciar a unha tenda de
Bilbao porque seica cobra 15 euros por probar un traxe de noivos. Hai
algúns que lle botan unha cara... Dentro de nada hai que empezar a
vestirse a ollo. Para un servidor, iso entra na ilegalidade máis
absoluta.
Tampouco
é de xustiza que dean mitins, conferencias, parolas, entrevistas
para defender ó rural, cando eses mesmos politiquiños pechan
centros de saúde, estacións de ferrocarril ou colexios. Non é de
estrañar entón que case unha ducia de concellos non teñan ofertas
de aloxamento, de hospedaxe (nin tan sequera para unha noite) para o
turismo que queremos que nos visite. Quen se atreve a montar un hotel
nunha vila que, ó mellor, nin chega ós cincocentos habitantes;
nunha vila que non podes sacar un billete de tren porque non hai
despacho dos mesmos; ou nunha vila que,
aínda que teña hospital, non podes parir. Dicía
Eduardo Galeano que “a xustiza é como as serpes, só morde ós que
están descalzos”. Quen
están descalzos?...
Finca
Fierro. Sábado, 18 de xaneiro de 2020
No hay comentarios:
Publicar un comentario