Escoito
á Cacho Señora Dona Barbra Streisand e sigo opinando que é a
mellor voz do mundo mundial. Claro que, agora, cada quen que pense de
min o que queira e que opine o que lle dea a gana desa cantante e
actriz.
Vivimos
nun país libre (é un dicir) no que a liberdade de opinión é coma
o bo dunha rula polas fincas das Lagoas. Claro que, a moitos paxaros,
xa sabemos todos, se lles corta as ás. É outro dicir. Non fagades
moito caso, porque como a nosa España non hai.
Vaia, segue o asunto de actrices e cantantes... polos auriculares
asoma a voz insinuante desa muller espectacular chamada Marilyn
Monroe, quizais ou sen quizais a actriz máis castigada e máis
maltratada polas malas linguas, ou sexa, por todo ser vivo.
Dicía que temos liberdade para opinar. É verdade; se ti dis negro,
por que eu non vou poder dicir branco. Se
uns falan da raza celta, por que outros non poder falar dos iberos.
Certo, haberá uns
cantos
que deixarán caer, así coma quen non quere a cousa, a raza aria.
Iso, coma se fora un lapso.
Somos un país libre! Eu teño liberdade para escoitar a Chet Baker,
e non che vou prohibir a ti que escoites a Manolo Escobar ou a
Mozart. Por que eu non vou poder ladrar coma un can. Ou oulear coma
un lobo. Que carallo, o ouleo do lobo é bonito. Ata
me dan ganas de subir ó Outeiro do Corno e alí... alí oulear por
este país noso que é libre, no que non se censura a ninguén. Ata
temos liberdade, por exemplo, para pedir no Parlamento calquera
falcatruada.
Cantas ganiñas hai de armar as do demo!
Finca
Fierro. Venres, 10 de xaneiro de 2020
No hay comentarios:
Publicar un comentario