Baixo
“O mandil”, de Berrogüetto, imaxino a Benedicta Sánchez
recollendo o Goya á mellor actriz de revelación.
Non o
recolleu co mandil posto, pero é fácil de imaxinala con el en “O
que arde”. Que a gala dos Goya empece recibindo o primeiro premio
unha mullerciña galega é algo que, a un galego, lle debería
emocionar. A min, por suposto que me emocionou! Axiña tiven que
botar a man ós ollos para limpalos. A
emoción tamén se debeu a certas comparacións que furgaron pola
miña cabeza: tiven unha tía chamada Benedicta (todo o mundo lle
chamaba Benedita) e cun físico moi semellante á actriz. Claro que a
miña, con menos anos (84 os da actriz) era moito máis vella cá
Sánchez. Sempre a acordei cun caxato, dobrada e cunha fortisima
artrose nas súas mans. Tamén hai que dicir que 84 anos nos anos 60
non eran os mesmos 84 na
actualidade. Baixo
o tema “Feel”, de Robbie Williams confeso que seguín a gala
cinematográfica baixo a emoción da galeguidade. Este ano a nosa
Comunidade estaba máis que representada no pavillón de deportes de
Málaga. E foi polo que a aguantei, pois sigo dicindo e denunciando
que deberían buscar outro método, outra maneira para o asunto das
gabanzas, dos eloxios,
dos agradecementos. Son cansados,
aburridos, pesados.
Sempre o mesmo: grazas ás familias e ós equipos técnico-artísticos.
Iso xa se entende, por Deus!
Se non fora pola familia, o premiado non estaría na tarima
recollendo
o premio.
Se non fora polo equipo, non existiría a película. Non hai
orixinalidade!
Finca
Fierro. Domingo, 26 de xaneiro de 2020
No hay comentarios:
Publicar un comentario