O
12 de xaneiro de 2010, Haití era o país máis pobre de América.
Ese día, un terremoto
de magnitude 7.0 segou a vida de máis de 300.000 persoas, quedando
feridas máis de 400.000 e millón e medio sen fogar.
O 12
de xaneiro de 2020, hai xa dez anos, Haití aínda é máis pobre. E
iso que Antonio Fraguas de Pablo, máis coñecido como Forges, non
deixou de salientar
nas súas viñetas durante moitos meses un “e non te esquezas de
Haití”. Pero si nos esquecemos de Haití. Xa digo, a dez anos desa
impresionante desfeita, Haití aínda é máis pobre. Consagrámonos
máis a recuperar Notre-Dame, por exemplo, que a reconstruír Haití.
Sufrimos e penamos
ante o
derrube
das torres xemelgas, pero ante 300.000 mortos haitianos resignámonos
ante as forzas da natureza. Non
che é o mesmo ser rico que ser pobre. Vaiche boa!
Tampouco
é o mesmo que un gran incendio se desenvolva en Europa, por exemplo,
que nas antípodas. Arde Australia enteira e as axudas en masa
brillan pola súa ausencia e a afouteza dos voluntarios... ufff,
aquilo queda no quinto inferno, nunca mellor dito. Máis
de dez millóns de hectáreas queimadas, 27 ou máis falecidos, miles
de persoas evacuadas, o 70% das selvas tropicais arrasadas e máis de
mil millóns de animais abrasados. Son cantidades que se len axiña,
pero que, friamente, doen, doen moito.
Claro
que, Haití é unha cousiña pequeniña que,
para
máis carallos,
é
moi pobre, e Australia está onde o aire dá a volta. Canta falta nos
fas, Forges!
Finca
Fierro. Luns, 13 de xaneiro de 2020
No hay comentarios:
Publicar un comentario