Todos
os días da semana pasado amenceron coa pandemia do coronavirus. E en
cada día que pase,
estes abrentes
estarán cheos de
medo. Dixen
sempre que, este, ou sexa, o medo, será o virus máis grande e máis
temible co que nos atoparemos a diario. Moitas veces semella que a
este respecto esaxeramos un pouco, pero visto o visto, o asunto
empeza a coller unha certa seriedade, un
aquel de angustioso. Si, xa sei que a
gripe, por agora, mata máis, que outras enfermidades tamén matan
máis, pero este COVID-19 está liquidando a sacho, a
esgalla en moi
pouco tempo, e xa se pode dicir que practicamente por todos os
lugares do planeta. Confiemos que por aquí
pase sen facer moito ruído. Que bastante temos coas nosas
calamidades.
Ultimamente é a
Renfe ou algo relacionado cos trens os que nos deixan unha que outra
calamidade. Aquí, en Galicia, ou mellor
aínda, en Ourense, en vez de avanzar,
retrocedemos, recuamos. A chegada do AVE é xa o conto de nunca
acabar; cada vez se pospón máis, cada vez o tempo vai en
contra nosa.
Empezo a desconfiar xa de que chego eu
antes andando nunha hipotética viaxe arredor do mundo que o AVE á
cidade de Ourense. Neste caso ata lle dou
un chisco a razón ó noso Núñez Feijóo cando di que non nos
enganen con que o AVE chegará no 2021. Ollo
ó piollo!, dixen un chisco porque os seus
tamén nos enganaron en todas as súas lexislaturas; e
foron unhas cantas. En cuestións
ferroviarias recuamos de tal maneira que hai uns días Renfe cambiou
o tren diúrno
que vai ó País Vasco por outro, pero 20 anos máis antigo, ou sexa,
que puxo un que estaría xa para
o arrastre. E tamén non hai moito que seica un tren hotel tardou 18
horas en chegar a Barcelona. O dito: moito máis rápido eu nas
miñas camiñatas.
Como
se ve que o asunto vai de calamidades, sigamos logo con outra. A
Xunta de Galicia adxudicou por 276.000 euros (que pagamos todos,
claro) as 86 ventás que se lle poñerán ó edificio xudicial do
Couto, porque hai cinco anos a algúns listiños
seica se lles esqueceu tal detalle.
Remato
con dous apuntes esperanzadores: que Estados Unidos e os talibáns
asinan a paz logo de 19 anos de guerra (loado sexa!), e que a
asistencia ás salas de cine creceu un 37% nos últimos seis anos
(bendita sexa!)
Finca
Fierro. Sábado, 29 de febreiro de 2020
No hay comentarios:
Publicar un comentario