No
día internacional da muller quero escoitar o ruído que pode haber
detrás dunha nube negra. Só hai silencio por detrás da lúa vella.
Esta
brilla por entre as nubes brancas desta noite escura. O silencio
tamén está no atallo que me leva á esperanza, a esa que nunca se
perde. O ruído vai moito máis alá dun simple ruxerruxe emocional,
aínda que ó mellor é unha conversa sentimental. Nunca saberei o
por que do ir e vir dun sentimento por entre as palabras de auga, ou
por entre as follas dunha remolacha. Quizais esta medre baixo a
influencia da lúa vella. A luz da lúa trae consigo ideas que ás
veces meten ruído e que por veces quedan en silencio. Quen
entende os versos do firmamento?
No día internacional da muller asubío sen facer moito ruído. Cando remato a canción, quedo en silencio. Como quedei no medio do atallo ansiando a esperanza. Esta non chega e danme ganas de berrar. Quizais berre cando chegue ó alto dun outeiro ou á soidade dunha habitación. Desde a habitación non verei a lúa vella, pero soñarei cos versos que me poden levar a ela. É tan bonito voar en silencio. É tan fermoso amortecer o ruído dos latexos dun corazón que rebenta. No día internacional da muller deixo correr as emocións polo atallo sobre o que brilla a lúa vella. Sento nunha pedra sen facer ruído. Todo queda en silencio. Ata eses latexos que se detiveron no tempo. Quizais por culpa da lúa vella ou quizais porque, ás veces, a esperanza é unha quimera, unha alucinación, un devezo, un soño. Simplemente, a vida.

Finca
Fierro. Domingo, 8 de marzo de 2020
No hay comentarios:
Publicar un comentario