Por
moito que busque e rebusque nos xornais para intentar escribir
sobre outro asunto que non sexa
o coronavirus, sinceramente, non sabería sobre que. Porque
practicamente todos os medios de comunicación non mostran moitas
máis noticias que vaian máis alá desta pandemia. É que nin tan
sequera os propios Gobernos de todos os países semella que se
dediquen a algo máis que non sexa erradicar dunha vez este bicho que
nos está matando. E todo lles cómpre, toda
dedicación parece que está sendo pouca.
Porque isto parece que en vez de baixar,
segue subindo.
Non me desespero
ante esta corentena. Incluso podo dicir que a levo ben, moi ben; pois
todo se basea en cama, lectura, ordenador e películas. Ou sexa, coma
Deus! Non obstante, hai dúas cousiñas que boto de menos, moito de
menos. O café, e non polo café en si, que o podo tomar na casa,
senón por eses momentos nos que entras nunha cafetaría e saúdas
con forza, cun sorriso luminoso, e falas, falas moito. Enténdese que
adoitamos ir ás mesmas cafetarías de sempre, polo que xa nos
coñecemos todos.
A outra cousiña
é, como non, o fútbol. Porque co fútbol (neste caso que vou
explicar, o de pago) saes e vas a esas cafetarías nas que saúdas
amosas sorrisos e falas, falas moito, que, no caso deste deporte, en
vez de falar discutes, alporízaste pero todos
contentos e moi amigos. Pasas dúas horas
ou máis divertíndote e vendo un deporte que, si, é de masas, pero
gusta. Ata boto de menos, moito de menos eses partidos que proxectan
nas canles televisivas que non son de pago e que adoito ver na casa.
Pois incluso na
soidade do salón gozo vendo principalmente ós equipos
galegos e ó Huesca (todo hai que dicilo), porque neste xoga un tal
David Ferreiro que seica é de Baños de Molgas.
O
que non lle perdoarei nunca será ás televisións as súas
programacións nocturnas. Non botan unha película con xeito! Tan só
moi de cando en vez a 2 deixa caer algún que outro clásico. Pero as
demais, as demais... nin compaixón deste encerro no que nos
atopamos. Que menos que botar boas películas, ou polo menos de
éxito, para que rematemos os días coa felicidade reflectida no noso
rostro.
Finca
Fierro. Sábado, 28 de marzo de 2020
No hay comentarios:
Publicar un comentario