Algunha
vez eu, e imaxino que uns cantos, cando vemos a alguén ó lonxe que
non nos cae moi así, ou ben baixamos a vista ou ben torcemos de
beirarrúa para non ter que saudar.
E iso
que son
dos que digo que un saúdo non se lle nega a ninguén. Pero, é
certo, hai veces que non apetece, que non te queres parar porque
andas con présa. O
outro día levaba algo de présa, máis
cando vin con quen estaba a punto de cruzarme no centro de Ourense,
alegreime de tal maneira que non me importou o determe
a saudalo. Ata
non sei se non sería el o que me viu primeiro, porque notei como xa
apartara o seu brazo dereito para darme a chocar a súa man. E vaia
se lla choquei! Xa digo, inmensa alegría ó
velo!
Non
digo o seu nome porque sei que non lle gusta saír nos papeis. É do
Viñal, en Baños de Molgas, e deume clases de literatura nos
Milagres. Un
dos
mellores
profesores
de literatura que tiven.
Lembro que unha vez deixou ó noso albedrío o de facer dous traballos literarios. Un fíxeno sobre Galdós (que se me quedou con el) e o outro versaba sobre os nomes de aparellos, lugares, leiras e vacas; conxuntándoo con outro sobre os “pecados”, insultos ou ofensas máis comúns. Sobre este das aldraxes non me matei moito; chegou con me poñer ante unha mesa de catro xogando ás cartas e aí rebenta sempre o mundo pola boca. Despois tivemos que ler algo na clase e eu soltei unha das frases que anotara e que fixo partir de risa a toda a clase. Non procede poñela aquí. Síntoo. Cada vez que vexo ou penso neste profesor, vénseme á cabeza eses dous traballos e a súa forma de ensinar.

Finca
Fierro. Xoves, 5 de marzo de 2020
No hay comentarios:
Publicar un comentario