Se
miro o horizonte desde a perspectiva
dun sapoconcho podo atoparme con alteracións do terreo, ou máis en
concreto, con simples lombas. As
lombas sabemos todos que soben e baixan ó albedrío,
a vontade.
Coma os pensamentos. Quen non pensa por veces en asuntos que veñen e
van coma un bambán, que se mesturan para, ó final, non saber en que
acaba todo. Moitas veces realizamos o mesmo que o sapoconcho, ou que
a avestruz: que escondemos a cabeza para non ver o perigo. Que
perigo? Acaso hai perigo? Que va, todo flúe, a vida flúe. Os soños
flúen. As caralladas chegan e non se van. Para
que se van ir? Claro
que hai heroes que conseguen rebentar as inquedanzas, sosegar
as preocupacións.
Tamén conseguen voar (aínda que sexa sen a capa de Supermán) sobre
todas as lombas do monte Medo e do de Pinouzos. É tan bonito voar
coa esperanza ó lombo.
Non obstante, quedo desnortado, atrapallado ante os biosbardos dun consolo. Quizais sexa ante os biosbardos dun alento. É complicado saber o que quero. Deixo que se marche o sapoconcho pola carreira da Costela. Ó momento contemplo o niño dunha azuleira. Axiña escoito un ruxerruxe que non entendo. Intúo que é o son desa esperanza que penetra, que furga por entre a placa torácica dun corazón que latexa. Hai esperanzas que mancan, e que doen, e que aflixen, e que se sofren. Pero como me sinto heroe, sigo o camiño con esa esperanza ó lombo. A min no me dobrega nin o ruído dun lamento nin moito menos o acougo do silencio.

Finca
Fierro. Luns, 9 de marzo de 2020
No hay comentarios:
Publicar un comentario