Non
sei se é polos nervios ou por que raio é, pero o caso é que empezo
a suar. Estarei nervioso. Ó mellor é porque empezo a terlle más
medo ós guasaps sobre o coronavirus que ó propio Covid-19 en si.
Son dos que mando moitos guasaps e, claro, hoxe tan só mando sobre
iso, porque só recibo diso. E son dos que os selecciono moito. É
raro que mande vídeos (de calquera cousa) que duren máis alá dos
tres minutos. Ata eu a maioría das veces nin tan sequera os vexo; ou
empezo e logo os deixo. O tempo é ouro. Estarei nervioso. Porque
sigo a suar. E iso que a noite non está quente. O aire pódese
dicir que é fresco, case de neve. Ó mellor tamén estou nervioso
porque a música de Jerry Goldsmith para a película “A fin de
Damiel (A profecía 3)” é algo ou moito inquietante.
Coma
o coronavirus, por exemplo.
De socato e sen saber como, furgo na vinchoca que me saíu o sábado na man esquerda por culpa do sacho (zona de Baños de Molgas) ou peta (zona do Ribeiro) sementando as patacas na aldea da muller, é dicir, na zona do Ribeiro. O que naceu escravo será escravo toda a súa vida; con coronavirus ou sen coronavirus. Agora xa peguei coa vinchoca e non hai maneira; todos os nervios se acumulan na palma da man. Nin Jerry Goldsmith nin coronavirus nin guasaps nin suores son quen agora de que deixe de escarvar. E furgo. E ergo un chisco de pel. E tiro. E sigo furgando mentres escoito a Milladoiro. Isto remata e os nervios seguirán escaravellando na vinchoca mentres fago outras cousas.

Finca
Fierro. Martes, 17 de marzo de 2020
No hay comentarios:
Publicar un comentario