A
verdade é que o coronavirus dá para todo; para a troula e para a
preocupación, para a mofa e para a seriedade... Os chistes que
circulan polas redes sociais sobre os saúdos e
as máscaras
encherían tres ou catro programas de “O club da comedia”, por
exemplo. Eu mesmo
podo facer bromas
sobre as propias máscaras:
pois sei que aínda as terei espalladas, esparexidas pola casa dos
sogros de cando lle daba o sulfato á viña, e podía moi ben facer
negocio con elas, vendelas a un bo prezo. É que ata hai chistes xa
eróticos ou incluso pornográficos
sobre o saúdo.
Non obstante, a peste esta comeza xa a preocupar algo. Ou moito. Empezas a ler e a saber de corentenas en moitas partes xa do país, de suspensións de acontecementos de todas as índoles e principalmente desas excursións que a maioría dos colexios ofertan para os seus alumnados. As axencias de viaxe empezan a estar xa a velas vir porque as viaxes ó estranxeiro baixaron de forma alarmante. Estase a cancelar todo. Claro que, todo isto son nimiedades en comparación coas vítimas, que aumentan de tal maneira que o chiste, a mofa, a chanza vai ter que quedar aparcada por un tempo.

Tamén
quedan aparcados por un tempo, ou deica o infinito e máis alá, os
arranxos das rúas e
parques e zonas e
prazas da cidade de Ourense. Non hai un día que na sección titulada
“O cronista local” deste xornal non asomen fotos sobre o abandono
de practicamente todos os barrios da cidade, exceptuando, quizais, a
zona centro; faltaría máis. A min, agora
mesmo, vénseme á cabeza esa rúa que baixa (a
Rúa do Espeto, creo) desde o hotel San
Rosendo ata a asociación Aixiña, na que
hai que facer auténticos malabarismos co coche para evitar as
fochancas ou case pozos existentes na mesma. Pero vaia polos
arrabaldes que vaia, atopo un deixamento
tal que non me quedou outra que botar as mans á cabeza cando o outro
día, nunha desas presentacións de
campañas políticas (ou sexa, nun mitin xa),
o noso señor presidente da Xunta de Galicia seica declarou que
Ourense mellorara. Se o di o noso Núñez Feijóo... Cando o río soa
é que auga leva. Cando os amortecedores
dos coches se queixan é que non hai fochancas, hai pozas xa.
Finca
Fierro. Sábado, 7 de marzo de 2020
No hay comentarios:
Publicar un comentario