miércoles, 22 de junio de 2022

A VINGANZA

Chegou o momento e estou un pouco tenso e abondo nervioso. Levar a cabo unha vinganza non é prato de gusto. Pero non me queda outra. O tipiño ese que me arruinou a vida non pode marchar coma o peido do cu. Levo varios días planeando todo ó pé da letra. Estudei as súas costumes, vixiei todas as súas idas e vidas e mesmo contei todos os seus pasos. Ata case podo asegurar o número de latexos por minuto do seu corazón. Teño todo máis que estudado. Pensade nesas formulacións perfectas das películas que, a miña, aínda é máis perfecta.


Non quero expandirme moito para non deixar rastro, pero tampouco quero que non se saiba. E vou dar un dato do que eu mesmo me asombrei pola ocorrencia: que a arma homicida, ou sexa, a pistola non a tirarei a un contedor de lixo, nin ó río Arnoia, nin tan sequera a enterrarei na Pitediña... vouna gardar no niño vello dunha pega que xa teño localizado nas Lagoas. A ver, a quen se lle vai ocorrer buscala aí, nun niño? Nin detective, nin policía, nin rabo de gaitas.

Chegou o momento. Son as doce da noite e vou para alá. Para a súa casa. Sei tanto sobre el que incluso sei como coloca a man para meter a chave na porta. Eu fago exactamente igual. Entro tan caladiño que nin esperto ós mosquitos. Paso á acción e... me cago na puta!, teño o silenciador pero non trouxen a pistola! Non me quedou outra que darlle sebo ós pés ou fuxir a lume de carozo.


Café O Chicote. A Valenzá. Martes, 21 de xuño de 2022

 

2 comentarios:

  1. Pasouche coma a Castelao, cando quixo matar ao inglés na Pampa, pero quedou durmido!
    O de liscar coma o.peido do cu, fíxome rir.

    ResponderEliminar