martes, 24 de julio de 2012

A CALOR APERTA



              Súan os sobacos e uns nenos corren polo céspede da piscina municipal. A sombra tan só non deixa pasar o sol, pois, polo demais, segue a quentar de raio. O reloxo colocado nun lateral da mesa vermella marca as cinco e cinco da tarde. O café manchado xa hai un cacho que deixou un sabor a gloria no padal, no ceo da boca. Hai momentos na vida dunha persoa que a gloria consiste nun simple café. Pingas de suor asoman pola fronte e a barriga, iso si, nada xa nun mar de auga a causa de estar un pouco comprimida. Non obstante, este suor lévase mellor co que produce o traballo da viña. Madía leva! Abro un chisco os brazos e o fresco penetra nos sobacos, polo que imaxinas un suor frío que fai de manteigueiro, xa que a calor segue apertando.

              Cafetaría Os Carrís da Valenzá. Luns, 23 de xullo de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario