sábado, 7 de julio de 2012

PROVEITO PARA A POMBA



              A pomba coxea da pata dereita. Intúo que é unha ferida de guerra. As pombas teñen moitas. Non sei cómo fan, pero o caso é que se ven ducias delas cos dedos das patas escarallados. Será por pousar nos cables da luz. Será por enredarse nos centos de redes que hai tiradas polos camiños, leiras, estradas e rúas. A pomba coxea, pero anda peiteando por entre as cadeiras da terraza da cafetaría. Algo sempre pilla. Algo moito. Nesa terraza adoitan poñer co café cachos de bica que, ao comela, esfaragúllase para o proveito da pomba que coxea, para o proveito doutras pombas e pardais.

              Café Aitana 39 da Valenzá. Sábado, 7 de xullo de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario