martes, 24 de julio de 2012

MARCANDO TERRITORIO



              Non só os animais irracionais? marcan o seu territorio; tamén o home (animal racional?) intenta marcar o seu. Así o fixo en Vigo un indixente, un esmoleiro cando marcou o seu territorio nun caixeiro automático. Resulta que ata tivo que intervir a policía porque non deixaba que os clientes fosen á caza dos billetes que cuspe esa máquina bancaria. Logo foi a propia policía a que lle marcou o seu novo territorio: o calabozo. Fóra dunha análise profunda, a noticia é simpática, é desas que se poden contar sen que nos alteremos, por moito que teña que ver coa lei da orde. Marcando territorio.

              Cafetaría Os Carrís da Valenzá. Martes, 24 de xullo de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario