O rapaz ía pegadiño ao pai pola
beirarrúa e non deixaba de lle dicir que tal ou cal coche era bo, que me gusta
este, que me gusta aquel. O pai dicíalle a todo que si, pero tamén lle
explicaba que para qué querían un cochazo se, á hora da verdade, non se podía
correr. Como moito tan só se pode ir a 120, e a esta velocidade “aínda corre o
noso velliño”. Certo que de uns a outros adoita haber algunha diferenza, por
exemplo, na comodidade do habitáculo, pero o pai cre que o rapaz tira máis polo
asunto da velocidade e incluso polo deseño e a forza, xa que cada dous por tres
faláballe dos 4 X 4, dos todoterreo. Non era parvo o rapaz. O pai, aos poucos,
soltáballe aquilo de “si, mercámolo mañá”. E botábase a rir.
Maceda. Xoves, 5 de xullo de 2012
No hay comentarios:
Publicar un comentario