martes, 24 de julio de 2012

PARA EVITAR UNHA INSOLACIÓN



              O día en que este xornal lanzou a nova de que na nosa cidade se alcanzaron os 39,3º de calor e nos que daba uns consellos para evitar, por exemplo, unha insolación, digo que ese día, un servidor, ás catro menos cuarto da tarde, empezaba a baixar ramas e esfollar nas vides dunha viña na que, estou por apostar e naqueles momentos, subía a temperatura dos corenta. Está situada nun sitio tan especial que en tan só 200 metros notas unha diferenza bestial. Pero ás veces non queda máis remedio que apandar cos raios que nos botan. O gran consello do xornal era o de beber moito líquido e evitar o sol directo. Alí non hai auga, a maiores de que, se bebo, árdeme o estómago. O de evitar o sol directo… ha!, ha!, ha!, ha!, ha!... río a cachón.

              Cafetaría dos Carrís da Valenzá. Luns, 23 de xullo de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario