domingo, 8 de julio de 2012

NON HAI VOLTA DE FOLLA



              Nazario Comesaña Saltón senta no banco da beirarrúa, abre o xornal e disponse a ler. Ao pouco saca os anteollos e refrega os ollos. Cada vez lle custa máis ler. A idade avanza e as ganas de facer cousas acomódanse na nugalla e non hai volta de folla. Opta, entón, por lear un cigarro e contemplar á xente que pasa. Axiña ve no horizonte ao seu amigo Lucanor Santiago Roldán. Ergue o seu brazo esquerdo e faille acenos coa man. Aquel levanta o caxato co que se apoia e deixa aflorar un sorriso amigable no seu rostro. Logo do típico saúdo, Lucanor senta a carón do seu amigo Nazario e empezan a arranxar o país, aínda que axiña chegan á conclusión de que tal país non ten arranxo. Rematan cun lacónico: Non hai volta de folla.

              Finca Fierro. Domingo, 8 de xullo de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario