martes, 24 de julio de 2012

AS INTERMEDIARIAS IMBATIBLES



              Que terán as Deputacións para que ninguén consiga botalas abaixo? Ano tras ano declárase que estes organismos provinciais sobran no panorama administrativo español; pero ano tras ano asoma no seu favor o panorama político. Creo que neste é onde está o seu auténtico poder, o auténtico poder político provincial. Agora, ata Marcelino Oreja aposta por reducir deputados e concellos, pero non nomea para nada as Deputacións. A miña ignorancia en cuestións políticas sei moi ben que é moita, pero creo entender que estas entidades son algo así como unha conexión dos concellos, como unhas intermediarias. E digo eu, por que os cartos e servizos que pasan polas Deputacións non van xa directamente aos concellos? Demasiada xente chupando do bote!

              Cafetaría Os Carrís da Valenzá. Martes, 24 de xullo de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario