lunes, 23 de julio de 2012

VIRARON AS TORNAS



              Unha herba do camiño bérralle a unha lerme que ve ao fondo: “Veña, compañeira, móvete un pouco! Mira que es lenta!” A lerme ruborízase e, con esforzo, exclama: “Que lle queres… vou a tope! Pero non dou máis!”. A herba agacha un pouco a punta en sinal de resignación e segue esperando a que a lerme chegue á súa altura. Cando isto acontece, o sol xa está na súa plenitude e a herba, a causa da calor, agostou e non tivo ánimos de leria coa lerme. Tiña intención de botar uns fogos artificiais pero era tal o seu desmaio que só puido levantar un chisco a súa punta para despedirse da lerme que, agora si, avanzaba a todo tren: “viraron as tornas, compañeira!”. A lerme baixou unha antena dando a entender o asunto.

              Cafetaría Os Carrís da Valenzá. Luns, 23 de xullo de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario