miércoles, 18 de julio de 2012

O HOME ATLETA


              O home entra na cociña con parsimonia e bebe aceite de fígado de bacallau. Ponlle mala cara, pero aguanta o trago. Despois colle as chaves da casa, o móbil e introduce nos oídos uns auriculares de cor negra. Dálle ao MP3 e disponse a facer o percorrido de todos os días. Á carreira. Dez quilómetros entre ida e volta. Dez mil metros de suor e canseira. Pero faino feliz. Leva tres anos facendo o mesmo percorrido e sen fallar ningún día; nin tan sequera cando casou. Certo que para iso madrugou abondo, pero fixo a súa terapia de footing. O home é pequenote pero corre coma un galgo. Cada día lévalle menos tempo, cada día bate a súa propia marca. Cada día súa e cansa. Pero segue a correr un día detrás doutro. É a súa terapia.

              Finca Fierro. Domingo, 15 de xullo de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario