sábado, 14 de julio de 2012

A BIBLIA DAS DEREITAS



              A semana que nos acaba de deixar deixou unha serie de noticias que penso que fixeron e que fan tremer os cementos da nosa sociedade. E son dos que digo que isto, en vez de ir a mellor, irá a peor, que xa é dicir. As medidas tomadas polo equipo que nos mal-goberna deixan tal pouso a maldade, a ignorancia e a caciquismo que non me estrañaría nada que isto rebentara en calquera momento. Pero sobre os famosos recortes hai xente que sabe opinar mellor ca min e a eles lles deixo o asunto. Eu sigo, non obstante, criticando aos mal-gobernantes porque vexo que non tardaron moito e facer uso do verbo censurar. Este verbo é unha das accións que sempre lastrou máis ás dereitas. A censura é algo así como a súa biblia. Pero a pesar desa fama, non lles importa usala ás primeiras de cambio. Acaba de acontecer en RNE; destitúen a un dos mellores comunicadores que temos (Juan Ramón Lucas), que estaba ao mando do magacín “En días coma hoxe”; teñen no punto de mira a Pepa Fernández, e Toni Garrido, como é un tipo listo, non seu programa “Asuntos propios” xa lle agradeceu aos seus compañeiros o traballo levado a cabo nos últimos anos “por se non teño oportunidade de despedirme”. Xa sabe o que hai.



              Finca Fierro. Sábado, 14 de xullo de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario