jueves, 12 de julio de 2012

O INDIO ARAPAHOE TRISTE SORRISO



              Esfúmase o cabalo de ferro ao lonxe e o indio arapahoe Triste Sorriso deixa asomar un sorriso bastante triste porque se lle escapou o asalto ao tren. Levaba días planeando tal atraco e para iso achegábase ata o outeiro no que estaba outeando o horizonte un día si e outro tamén. Así botou polo menos un mes e calculando o tempo e a velocidade segundo o piar dos paxaros e a súa fuxida das árbores que había á beira da vía do ferrocarril. Pero hoxe, precisamente hoxe, uns minutos antes do paso do tren, asomou por alí coma un lóstrego o vaqueiro Johnny Fusil, que non conseguía controlar moi ben aos dous cabalos que turraban da carreta na que ía sentado. Aquilo semellaba que os animais se desbocaran por algo. O ruído fixo que os paxaros fuxiran antes do paso do tren. E isto descolocou ao indio arapahoe Triste Sorriso. Non soubo que facer; só ensinar un sorriso bastante triste.

              Finca Fierro. Xoves, 12 de xullo de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario