jueves, 19 de julio de 2012

OURENSE BERROU BASTA!



              Ás veces, ata nunha cidade pequena, onde semella que a xente vive baixo o xugo do poder (a maioría das veces corrupto), digo que ás veces a xente esperta do seu soño e levántase para denunciar as adversidades que ese poder botou sobre as súas costas. O xoves pasado levantouse, e berrou, e cantou con carraxe, e sinalou culpables, e prometeu máis guerra. Ata unha cidade pequena coma Ourense (e con todo o que representa Ourense para as dereitas) berrou basta! e peregrinou por unhas rúas atestadas de xente, bandeiras, estandartes, bucinas, trompetas e ruído, moito ruído. Sinceramente, nunca vira tanta xente xunta na nosa cidade. Por fin Ourense berrou basta!

              Finca Fierro. Xoves, 19 de xullo de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario