sábado, 21 de julio de 2012

O PROBLEMA É OUTRO



              O problema en Estados Unidos penso que non estivo en que James Holmes se puxese no papel de malo cando viu a última película que se fixo sobre o home morcego: “O cabaleiro escuro: a lenda renace”. O problema en Estados Unidos creo que está na permisibilidade que hai en que calquera cidadán de a pé teña armas.Quen máis quen menos sempre nos puxemos no papel dalgún personaxe cinematográfico, incluso, si, de malo; pero aquí non habería tanta posibilidade de levar a cabo unha masacre como a que cometeu ese esquizofrénico rapaz. Vale, de acordo, pode acontecer algo semellante, pero sería un caso entre mil, por exemplo; mentres que en Estados Unidos é raro o ano en que non acontece unha masacre chea de mortos inocentes. Moitas veces a televisión e, por suposto, o propio cine amosan imaxes nas que se ve aos pais adestrando aos fillos pequechos no manexo das armas. Aínda que teñas ideas retorcidas, se non tes con que levalas a cabo, non poden acontecer as desgrazas. Sempre doen as vítimas, pero ás veces impórtache un carallo que esas cousas sucedan en Estados Unidos precisamente por esa defensa que manteñen por ter armas a moreas.

              Finca Fierro. Venres, 20 de xullo de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario