miércoles, 18 de julio de 2012

A ESTRELA E O CANTAR



              Leva na fronte unha estrela e no bico un cantar. O burro de Dionisio Rozado Salvaterra trota por Barricobos e a estrela do seu cabeceiro chouta ao ritmo das cabriolas, dos chimpacarneiros do animal. Cando calma, pega dúas ou tres voltas antes de deixarse caer no chan e envorcallarse para escorregar as mosca que o están triturando. O po non deixa ver ao burro de Dionisio Rozado Salvaterra, aínda que axiña dá sinais de vida cando ornea a canción “Bícame no cu que teño paxariños”. Pega tal brinco que o pobre Dionisio Rozado Salvaterra abre a boca de asombro e nin é capaz de lle berrar un “xo, burro, xo!” O animal volve trotar por Barricobos e chega incluso a cruzar o río de Tioira para acabar pacendo nuns toxos do Río Vello. A estrela campa quieta sobre a fronte e o cantar volve saír unha vez máis do seu bico.

              Finca Fierro. Luns, 16 de xullo de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario