Cala. Outorga. Pasea. Un bigote
no labio superior dun home. Un globo bambeando na man dereita dunha muller. Un
móbil pegado á orella esquerda dun home, o acompañante da muller do globo.
Berra. Silencio. Corre. Un videoclip na televisión e un autobús que pasa. O
tempo tamén pasa, xa sabemos que non se detén. Moita risa. Pouca calma. Algo de
saudade na alma do que emigra. Por certo, volveu a emigración; se é que no noso
país se detivo algunha vez. Entendede como noso país a nosa Galicia. Que
ninguén pense que se me escapou o meu espírito nacionalista! Vaiche boa!. Un
roscón. Un mosquito. Unha papoula. A papoula é bonita. Todas as bolboretas son
bonitas. Como unha novela ben escrita ou unha película ben rodada. Non mires
para arriba coa boca aberta, que che poden entrar moscas. Ponte a bailar no aro
dunha peneira para que todos simulen unha festa que non é tal. Tampouco botes
as poutas antes que as moutas, cando, na realidade, a calma é a paciencia do ímpeto.
Café Aitana 39 da Valenzá.
Martes, 15 de xullo de 2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario