miércoles, 16 de julio de 2014

A RETRANCA GALEGA


              É mentira. Todo é mentira. Hai enquisas, datos, estudos que ás veces só queren chamar a atención e os xornais seguen o xogo coas súas publicacións. Non hai moito os medios de comunicación lanzaron ó vento a infelicidade dos galegos e cataláns. Que seica somos infelices coa nosa vida. Mentira cochina! Os cataláns son felices intentando independizarse. E os galegos… os galegos somos felices a velas vir!. Non temos paro. Traballamos as viñas para malvender ou regalar as uvas. Hai paz e felicidade nos estaleiros galegos. A gandaría están indo ó tacho. A Cidade da Cultura xa hai meses que non produce perdas. Os políticos, dun tempo a esta parte, fixeron acto de contrición e xa ningún malversa fondos nin acepta subornos. Nesta enquisa é onde se nota precisamente a retranca galega. Imaxino o entrevistado contestando coa infelicidade para presumir de sufridor, cando, na realidade, o galego, vive coma deus!


              Cafetaría Os Carrís da Valenzá. Venres, 11 de xullo de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario