domingo, 6 de julio de 2014

HAI QUE REMATAR AXIÑA


              Corre o aire. Vai fresquiño. Pero veño preparado; trouxen comigo unha chaquetiña. Por se as moscas, por se acaso, polo si ou polo non. O peor é se chove. Estou na terraza dunha cafetaría para ver un partido do Mundial, o que enfronta a Nixeria contra Arxentina. Asoman as primeiras imaxes na televisión. Demo negro!, son o único cliente!; tanto na terraza como na cafetaría. Pero intúo que por pouco tempo. Porque a cafetaría ten varias bandeiras do país latinoamericano. E sei que aquí adoitan achegarse arxentinos que viven na Valenzá. Empezan a saír os xogadores. Zoa o vento. Pasan os coches. O café está rico de carallo. Sigo só. É igual. Así tamén se oe mellor ós comentaristas. Van soar os himnos. Hai que rematar axiña o relato para prestarlle atención ó fútbol. Xa dixen neste mesmo xornal que un Mundial é un Mundial. Chegan clientes. Espero que non chova. Definitivamente, remato o relato.


              Café Aitana 39 da Valenzá. Mércores, 25 de xuño de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario